A Pastoriza lembra a Dino Pacio Lindín cunha homenaxe e a inauguración dunha rúa co seu nome

TerraChaXa
O acto contou coa participación de figuras da literatura e da cultura, ademais da presenza da familia, e destacou a súa traxectoria como docente e renovador pedagóxico
homenaxe-a-Dino-Pacio-A-Pastoriza
18 Aug 2025

A deputada de Cultura, Iria Castro, participou no acto de lembranza e homenaxe a Dino Pacio Lindín (Xemil, A Pastoriza, 1934 – Nova Iorque, 2025), que se desenvolveu na Casa da Cultura da Pastoriza.

O encontro contou coas intervencións do crítico literario Ángel Basanta e dos escritores Francisco Álvarez Koki e Xosé Manuel Malheiro, que repasaron a súa traxectoria como docente e renovador pedagóxico, desde o Seminario de Mondoñedo ata as universidades neoiorquinas, onde fundou o programa cultural e educativo Solidaridad Humana dirixido á formación de emigrantes.

A homenaxe, á que tamén asistiu a familia do intelectual, completarase coa inauguración da rúa Dino Pacio Lindín, unha das vías laterais á Praza e á Casa do Concello, nun recoñecemento promovido pola comunidade de montes Coto das Louseiras de Xemil.

Cómpre lembrar que a Área de Cultura colaborou no ano 2021 na publicación do libro Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural, coordinado por Manuel Rivas García e con achegas de antigos alumnos e amizades do sociólogo pastoricense.

⚙ Configurar cookies
0.33417892456055