A Pastoriza lembra da obligatoriedade de manter limpos de biomasa a contorna edificada

TerraChaXa
As persoas responsables dos terreos dispoñen ata o  31 de maio para o cumprimento voluntario da obriga
Imaxe da xestión da biomasa en Culleredo
26 May 2025

Coa finalidade de previr os incendios forestais, o Concello da Pastoriza lembra ás persoas propietarias de terreos que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nos termos que define a Lei 3/2007, do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e manter limpas as franxas de protección.

As persoas responsables dos terreos dispoñen ata o  31 de maio para o cumprimento voluntario da obriga. Transcorrido este prazo sen que a persoa titular do terreo xestione a biomasa ou retire as especies arbóreas prohibidas, o Concello poderá proceder á execución subsidiaria sen prexuízo da repercusión dos custos ou impoñer sancións.

Débese manter limpa de biomasa unha franxa de 50 metros arredor de solo urbano, núcleo rural e solo urbanizable; edificacións destinadas a persoas e vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industriais e construcións illadas en solo rústico con carácter general, nesa mesma franxa de 50 metros non poderá haber árbores como eucaliptos, piñeiros ou acacias (especies pirófitas).

A falta de xestión da biomasa pode ocasionar ser responsables de graves prexuízos para o entorno, que entre todos pódense evitar.

⚙ Configurar cookies
0.066743850708008