A Pastoriza: Obrigados a entenderse

TerraChaXa
A coalición PSOE-BNG perde apoios e un concelleiro socialista en favor do PP, a lista máis votada. Cabaneiro non chegou á maioría absoluta
pp y psoe primitivo dario pastoriza
1 Xuño 2023

A coalición PSOE-BNG perde apoios e un concelleiro socialista en favor do PP, a lista máis votada. Darío Cabaneiro non chegou á maioría absoluta.

CONCELLEIROS ELECTOS

◆ Darío Cabaneiro Santomé (PP)
◆ Marcos García Lombardero (PP)
◆ Josefa Méndez Pena (PP)
◆ Jesús Obarrio Pérez (PP)
◆ Adrián Cendán Rodríguez (PP)
◆ Primitivo Iglesias Sierra (PSOE)
◆ Constantino Fernández Leira (PSOE)
◆ Monserrat Cabaneiro Rego (PSOE)
◆ Elva Carrera González (BNG)
◆ José Antonio Veiga Pérez (BNG)
◆ Rocío López Pacio (BNG)

O PSOE e o BNG, unha coalición que leva funcionando desde 2007 enfróntase este ano a unha situación similar á de lexislaturas pasadas. O voto volve estar moi repartido entre os tres partidos con representación. Cambiou o reparto de concelleiros pero nesta ocasión o maior beneficiado foi o PP, que sobe ata os 5 e supera en dous ao PSOE e ao BNG, sen embargo, o PP non acadou a maioría absoluta polo que o seu futuro goberno queda pendente de que os outros dous podan renovar o acordo que leva vixente 16 anos.

A caída de votos pricipal foi a do PSOE, que perdeu un concelleiro e 300 votos. O BNG mantense na mesma liña con uns 50 votos menos e o PSOE subiu 78.

Deste modo, o PSOE e o BNG contará nesta lexislatura coa mesma representación e só 19 votos por riba.

Nestes anos, a coalición pasou por mellores e peores momentos e quedaron polo camiño cousas por resolver, que terán que volver saír a colación antes de pechar un novo acordo. Na anterior lexislatura foi complicado para os dous chegar a un acordo. Ambos estiraron ata o último día o acordo de goberno e nesta ocasión non parece que se apresuren tampouco. Antes de negociar entre eles necesitan chegar a un consenso coas respectivas agrupacións.

“Aínda non hai nada”, afirma o actual alcalde, que non quere precipitarse nos acordos de goberno. Ata o de agora, ambos partidos tiñan totalmente repartidas as tarefas de goberno e o obxectivo sería chegar a o mesmo acordo. Aínda así, toca analizar primeiro os datos das eleccións, tan axustados e cunha elevada abstención.

Pola súa banda, o PP, que agora encabeza Darío Cabaneiro, espera co seu programa preparado para gobernar aínda que sabe que necesitará apoios para ser elixido alcalde.

pastoriza1923
A pastoriza barras
0.10665011405945