A Pastoriza organiza unha excursión para maiores de 55 anos para descubrir Monforte de Lemos

O Concello da Pastoriza organiza unha saída cultural o vindeiro 18 de xuño dirixida ás persoas maiores de 55 anos, que poderán acudir acompañadas. O destino será Monforte de Lemos, onde os participantes poderán descubrir a historia e a beleza da vila a través de diferentes visitas guiadas.
O programa inclúe visitas ao Centro do Viño, ao Museo do Ferrocarril e un percorrido guiado polos lugares máis emblemáticos de Monforte. A saída será ás 8:30 da mañá desde a Praza do Concello da Pastoriza e o regreso está previsto para as 20:00 horas do mesmo día.
O transporte en autobús e o servizo de guía serán gratuítos para todos os participantes. A comida corre a cargo dos propios asistentes. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nas oficinas do Concello.