A Pastoriza organiza unha viaxe cultural para descubrir a Mariña Lucense o 25 de abril

O Concello da Pastoriza pon en marcha unha xornada para coñecer a riqueza histórica e paisaxística da Mariña Lucense. A saída terá lugar ás 8:30 horas, desde a Praza do Concello da Pastoriza, cun programa que inclúe visitas guiadas ao Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, ao Museo do Mar de San Cibrao e á vila de Viveiro. O regreso está previsto para as 20:30 horas.
Esta actividade está destinada a persoas maiores de 55 anos, que poderán ir acompañadas. A comida correrá por conta das persoas participantes e recoméndase reservar praza con antelación. O obxectivo desta iniciativa é promover o turismo cultural e dar a coñecer a relevancia histórica e patrimonial dunha das zonas con máis encanto da provincia de Lugo.