A Pastoriza prepara unha cabalgata de Reis diferente

TerraChaXa | LugoXa
Debido á situación de pandemia actual, o BNG da Pastoriza, encargado da realización da cabalgata de Nadal decidiu confirmar a presenza dos Reis pero cun desenvolvemento do acto diferente.
Cita coa Historia
27 Dec 2020

Debido á situación de pandemia actual, o BNG da Pastoriza, encargado da realización da cabalgata de Nadal decidiu confirmar a presenza dos Reis pero cun desenvolvemento do acto diferente.

Así, os Magos de Oriente visitarán aos nenos do Concello o día 5 de xaneiro pero como este ano hai que cumprir as normas de seguridade e os nenos non poderán decirlles ao oído que agasallos queren ou calquera outra cousiña que queiran transmitirlles, haberá unha modificación do protocolo.

Así, os pequenos poderán velos pero deberán entregar as súas peticións por escrito. O Concello pon á disposición dos pequenos un modelo de carta que poderán utilizar para escribir as súas peticións aínda que subliñan que "serán aceptados todos os modelos e tipos de cartas".

0.20255494117737