A Pastoriza propón en Nadal actividades dirixidas a todos os públicos
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza propón en Nadal 2019 un amplo programa de actividades dirixidas a todos os públicos.
18 Dec 2019
O Concello da Pastoriza propón en Nadal 2019 un amplo programa de actividades dirixidas a todos os públicos.
Esta programación dará comezo os días 23, 24, 26 e 27 de decembro na piscina municipal, onde poderase desfrutar de actividades lúdico-deportivas de 11 a 13.30 horas.
Xa en xaneiro, o día 3 os nenos pastoricenses maiores de 7 anos visitarán Xuvenlugo de 15 a 20 horas.
Ademais, o día 4 haberá unha representación de títeres baixo o título O agasallo de Anya ás 16.00 no salón de actos.
Po último o día 5 os Reis Magos achegaranse á Pastoriza ás 16.00 desde o Concello ao local social veciñal.