A Pastoriza queda por segundo ano sen Festival da Chaira

TerraChaXa
A comisión organizadora do Festival da Chaira anunciou que este ano tampouco haberá festival, e xa son dous consecutivos.
festival da chaira a pastoriza
22 Xul 2021

A comisión organizadora do Festival da Chaira anunciou que este anon tampouco haberá festival, e xa son dous consecutivos, debido á incidencia da pandemia da covid, que na Pastoriza ademais está moi elevada.

O ano pasado celebrouse un festival virtual para non esquecer a data habitual desta celebración e este ano, a organización compartiu un enlace a actuacións de anos anteriores.

"Este ano a cousa segue complicada... e fai que para unha entidade pequena como é a asociación cultural A Chaínza nos vexamos incapacitados para manter uns niveis de seguridade para tod@s. Deste xeito, anunciamos que este ano non haberá o que sería o XVI festival da chaira, e só o podemos celebrar dende os nosos corazóns", explicaron.

0.16854691505432