A Pastoriza reabre as inscricións para o obradoiro de cociña do chef Alberto Saavedra


A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza vén de anunciar a reapertura do prazo de inscrición para o Obradoiro de Cociña que tivo que ser aprazado no seu momento. O curso, impartido polo chef Alberto Saavedra, desenvolverase o venres 28 de novembro ás 21.15 horas no local da Pastoriza (antiga Ladrilleira).
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 20 de novembro, contactando con Sandra (659 032 194) ou Fe (638 253 138). O prezo da actividade é de 15 euros, cun desconto especial para persoas socias, que aboarán 10 euros. O pago debe realizarse de forma anticipada na libraría Soños, situada na Pastoriza.
Dende a organización solicítase tamén ás persoas xa inscritas na anterior convocatoria que confirmen a súa participación nesta nova data. En caso de non poder asistir, devolveráselles o importe aboado.
O obradoiro, que se encadra nas actividades de dinamización cultural e gastronómica impulsadas polas asociacións locais, promete unha noite práctica e participativa na que o chef convidado compartirá receitas e técnicas cociñeiras adaptadas á cociña tradicional galega.