A Pastoriza realizará a recollida de plásticos agrícolas en tres días
O Concello da Pastoriza realizará a próxima semana unha recollida de plásticos de procedencia agrícola en todo o termo municipal.
Para a prestación deste servizo utilizarase un camión que pasará por aquelas explotacións agrícolas que así o demanden chamando ao teléfono 982 332 197.
A recollida levarase a cabo os días 10, 11 e 12 deste mes e deberán seguir unha serie de normas para a súa recollida. De feito deben estar depositados en puntos de fácil acceso para o camión. Por seguridade, deberán estar apartados do tendido eléctrico e dos árbores que poidan dificultar o movemento da pluma para a carga.
O bando municipal que a tal efecto publicou o alcalde do concello, Primitivo Iglesias, indica que os plásticos para lixo deberán estar debidamente pregados e atados e non poden levar arames, terra ou area polo medio.