A Pastoriza recoñece o papel da muller rural coa entrega do premio no VII Concurso de Fotografía

O Concello de A Pastoriza presentou a entrega do galardón correspondente ao VII VII Concurso de Fotografía da Muller Rural de A Pastoriza, no cal resultou vencedora Ángeles Prieto Calaza. A imaxe premiada amosa un grupo de mozas rurais que no seu tempo libre xogan pádel, unha mestura de tradición e modernidade que reflicte a forza, a vitalidade e o dinamismo das novas xeracións de mulleres do municipio.
Este certame convocouse coa finalidade de facer visible a contribución das mulleres rurais á comunidade local e ao desenvolvemento do entorno agrario e social. A convocatoria abriu desde o 1 ata o 8 de outubro, e as fotografías participantes publicáronse nas redes sociais para que o público as votase mediante “gústame”, ata a celebración do Día Internacional da Muller Rural.
Na edición actual participaron 26 fotografías, segundo datos do Concello, que recolleu a alta implicación cidadá na votación.
Con esta iniciativa, o goberno municipal busca poñer en valor ás mulleres que habitan e traballan no medio rural, tanto nas tarefas agrícolas, gandeiras, de servizos ou na vida comunitaria, como soporte fundamental das aldeas e parroquias. Segundo o concelleiro responsable, “as mulleres rurais son o piar que sostén o rural, e con esta convocatoria pretendemos que a súa presencia teña visibilidade”.
A entrega do premio contou coa presenza do alcalde, Dario Cabaneiro, quen fixo entrega do agasallo á gañadora xunto ás protagonistas da foto, e aproveitou para agradecer a participación e a calidade das imaxes.