A Pastoriza repartiu os premios do concurso de poesía e tarxetas de Nadal

TerraChaXa
O Concello de Pastoriza fixo entrega dun detalle aos premiados do XX Concurso de poesía e tarxeta de Nadal do 2023, pertencentes ao alumnado do CEIP de Bretoña, do CEIP O Salvador e do IES Fonmiñá.
tarxetas nadal poesia concurso
25 Mar 2024

O Concello de Pastoriza fixo entrega dun detalle aos premiados do XX Concurso de poesía e tarxeta de Nadal do 2023, pertencentes ao alumnado do CEIP de Bretoña, do CEIP O Salvador e do IES Fonmiñá.

No relativo a  tarxetas os vencedores na categoría ata 5 anos foron Paula García Pumar, Jimena Lodos Legaspi e Ariai Álvarez Lourido. Entre os participantes de 6 e 8 anos escolléronse as de Yoana Basanta Canto, Irea Pena Fontela e Natalia Seco Arias.

Na Categoría B o xurado escolleu como gañadora a Paula Andión Otero, seguida de Xiana Martínez Martínez e Noel Espantoso Braña. Tamén concedeu un accésit a Alma Fernández Valderrama.

Finalmente, na categoría C, para maiores os premios foron para Lucía Paz Otero, Azucena Vián Nieto e Marái Silva Rico.

En poesía houbo só dous galardóns. Na categoría A venceu Hugo Martínez Martínez e na B Xiana Martínez Martínez.

0.16865491867065