A Pastoriza retoma as escolas deportivas, que volverán ser gratuítas para a veciñanza

TerraChaXa
O prazo para anotarse xa está aberto e estas darán comezo o día 29 deste mes
escolas-deportivas
22 Sep 2025

As escolas deportivas do Concello da Pastoriza volverán ser gratuítas para os nenos e nenas do concello este curso tal e como o anunciara o alcalde popular, Darío Cabaneiro.

"A entidade local ten a finalidade de cumprir co obxectivo de apostar polo deporte e fomentar entre a xuventude actividades físicas que complementen a súa formación, o tempo de lecer e lles axuden a adquirir hábitos saudables", explica Cabaneiro.

Este ano ofertan baloncesto, fútbol sala, atletismo, xadrez, tenis, tenis de mesa, bádminton, pádel, patinaxe, música e baile tradicional e natación.

O prazo para anotarse xa está aberto e estas darán comezo o día 29 deste mes.

⚙ Configurar cookies
0.083734035491943