A Pastoriza solicita as axudas para a construción do centro de día
O Concello da Pastoriza continúa adiante co seu proxecto de contrución dun centro de día no termo municipal no que podan atenderse unha media de 40 persoas e que ten un orzamento de 750.000 euros.
Tras varias conversas negociacións, deu o seguinte paso, que consistiu na formación dunha solicitude á Xunta de Galicia para unha subvención que permita sufragar boa parte deste importante proxecto, moi necesario para ou municipio, tal e como asegurou o voceiro do equipo de Goberno, Constantino Fernández Leira.
Xa presentaron a documentación necesaria para optar a unha liña de axudas específica destinada á construción ou mellora de residencias de persoas maiores e centros de día ofertada por un acordo entre a Fegamp, a Xunta de Galicia e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O Concello conta xa cos terreos para a futura edificación, trátase dunha parcela comprada para este fin en 2008 e que ten unha extensión de 5.600 metros cadrados. Foi aprobado por unanimidade en pleno o concurso para buscar un terreo. Está localizado e pleno centro urbano, na parte posterior da casa do concello e nas inmediacións do Punto de Atención á Infancia ( PAI).
Tanto dende o Concello como dende varios colectivos deixaron clara a necesidade de ter este servizo, xa que A Pastoriza conta cun elevado número de poboación envellecida. Están censandos algo máis de 2.900 habitantes, dos cales, máis de 1.000 superan os 65 anos de idade, o que supón máis do 30%.