A Pastoriza somete a información pública a modificación da ordenanza sobre a corta e saca de madeira

O Pleno do Concello da Pastoriza aprobou inicialmente, na sesión celebrada o 18 de setembro de 2025, a modificación da ordenanza municipal que regula a corta e saca de madeira no municipio.
En cumprimento do establecido nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, o expediente sométese a información pública durante un prazo de trinta días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Durante ese período, as persoas interesadas poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas.
O documento estará dispoñible para consulta nas dependencias municipais, así como na sede electrónica do Concello da Pastoriza, accesible a través da ligazón http://apastoriza.sedelectronica.gal.
No caso de non presentarse reclamacións dentro do prazo establecido, o acordo de modificación da ordenanza considerarase definitivamente aprobado sen necesidade de novo acordo plenario.