A Pastoriza súmase tamén á campaña En Negro contra as violencias
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza, ao igual que máis dun cento de concellos galegos, e tres deputacións, adhírese á campaña en negro contra as violencias machistas.
21 Nov 2019
O Concello da Pastoriza, ao igual que máis dun cento de concellos galegos, e tres deputacións, adhírese á campaña en negro contra as violencias machistas.
Convidaron ao comercio e demáis axentes sociais, para que dende o 18 ata o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, colaboren visibilizando nos seus establecementos a campaña, rexeitando manifestamente calquera tipo de violencia.
Según un informe da ONU as violencias machistas, convertéronse na principal causa de morte violenta das mulleres.