A Pastoriza terá dous campamentos infantís nos primeiros días de vacacacións

TerraChaXa
O primeiro está dirixo a nenos menores de 6 anos e o outro para maiores de 7 e ata 16
campamentos-veran-a-pastoriza
19 Xuño 2024

O Concello da Pastoriza organiza dous campamentos infantís para os primeiros días de vacacións escolares.

Por unha banda, haberá un para os máis pequenos, de entre 4 e 6 anos de idade, que se desenvolverá do 24 de xuño ata o 5 de xullo. Trátase dunha actividade de balde na que hai un límite de 16 pequenos. O único requisito é estar empadroado na Pastoriza.

O segundo campamento, para rapaces de 7 a 16 anos desenvolverase do 24 de xuño ao 12 de xullo en horario de 9 a 14.00 horas, como o mini campa. Farán viaxes a Cerceda, á praia de Foz e contarán con piscina exterior.

Para inscribirse hai que acudir ás oficinas municipais antes do 20 de xuño ás 14.00 horas.

0.099581003189087