A Pastoriza terá hoxe unha sesión de maxia na biblioteca
A biblioteca municipal Ángel Basanta da Pastoriza acollerá hoxe, 16 de outubro, unha sesión de maxia co título A maxia dos libros, dentro do programa de dinamización da lectural Ler conta moito.
Será ás 16.00 horas para nenos e nenas maiores de 5 anos a cargo de David Méndez.
A maxia dos libros é o resultado dunha combinación entre maxia, comedia e improvisación, en onde as baritas e bastóns máxicos que nos fan ver o inexplicable, únense á fantasía creada polos lapis, bolígrafos e teclas, cuxa tinta é capaz de crear ilusión, derrotar a imperios ou de xerar vida. Todo iso, unido á inestimable participación do público presente.
Unha escenificación máxica versátil que transmite habilidade e enxeño, empregando elementos cotiás que poden emerxer dá nada, esvaecerse, levitar ou mudar de forma.