A Pastoriza: Un reparto de votos entre os tres partidos que necesitou un pacto
A Pastoriza, que tiña ás súas costas un dominio de voto popular dende as orixes da democracia, deu un xiro importante no ano 2007, cando Primitivo Iglesias polo PSOE e Elva Carrera polo BNG deron a volta á situación recollendo un gran número de votos para unirse posteriormente e poder gobernar o Concello. Este pacto foise renovando nas seguintes citas coas urnas, nas que os dous partidos continuaron a crecer e formardo na última convocatoria un resultado practicamente equilibrado en votos, sendo finalmente o BNG o que quedou cun concelleiro menos.
PSOE
Primitivo Iglesias, que leva catro lexislaturas como alcalde da Pastoriza volve presentarse este ano á reelección. Primitivo Iglesias recalcou que ten “ilusión e forzas” para finalizar os proxectos que ten en marcha, e para impulsar “outros novos que contribuirán ao progreso e a mellorar a calidade de vida das veciñas e dos veciños das 19 parroquias da Pastoriza”.
O alcalde e candidato socialista engadiu que se presenta ás vindeiras eleccións coa firme vontade de “poder gobernar libre de ataduras, cunha maioría suficiente que me permita tomar as miñas decisións sen depender de ningún partido nin de ningún pacto”. Para iso, remarcou, “conto co apoio dunha candidatura formada por mulleres e homes de contrastada solvencia e espírito de servizo, con ilusión e ganas de traballar polo seus veciños e veciñas”.
Incidiu tamén en que “o que fai falta para que a xente siga vivindo no rural son servizos públicos, cando menos, como os que teñen nas cidades, e emprego. E iso é polo que traballamos cada día os socialistas”.
BNG
A súa socia de Goberno, Elva Carrera, que leva o mesmo tempo á fronte do BNG local, tamén presenta a súa candidatura este ano.
Neste senso, a candidata do BNG á Alcaldía destacou “temos moito que facer aínda pola Pastoriza e a única forza que pode acadar máis benestar e máis avances para a veciñanza é o BNG, é o momento de sumar co BNG e desenvolver entre todas e todos un proxecto de futuro e sen ataduras”.
Elva Carrera agradeceu ás compañeiras e compañeiros en volver a confiar nela para encabezar o proxecto do BNG na Pastoriza “quero agradecerlle a todas as persoas que conformamos o BNG en seguir confiando en min para liderar un proxecto que ten claro a quen se debe, á veciñanza e as oportunidades que se poden crear na Pastoriza, por isto, asumo con todo o agarimo e entusiasmo para facer posíbel un goberno nacionalista o vindeiro 28 de maio”.
PARTIDO POPULAR
No PP se cambian as caras este ano, xa que é Darío Cabaneiro, fillo do alcalde que levou a cabo a concentración parcelaria nos anos 60, o que encabeza a candidatura, na que vai de número de dous o presidente da xestora local do partido, Marcos García. A lista que presentan están tan renovada que só se manteñen dous nomes da anterior.
A Pastoriza necesita cambio, di Cabaneiro, “e este é o momento do cambio”. En canto á campaña, destaca que, polo que respecta ao PP, será “unha campaña totalmente limpa”.
“O que necesita A Pastoriza é estabilidade política e institucional e iso pasa pola maioría absoluta do PP”. Lembrou que “na Pastoriza gobernaron estes anos os perdedores e foi un goberno que destacou polos desencontros entre o PSOE e o BNG”.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PSOE
1. Primitivo Iglesias Sierra
2. Constantino Fernández Leira
3. Monserrat Cabaneiro Rego
4. Monserrat Casanova Ónega
5. Rubén Carballal Gasalla
6. José Luis Seco Muíña
7. Jesús López Expósito
8. Miguel Ángel Rico Rodríguez
9. Sonia Valiña Piñeiro
10. Sonia Dorado Fernández
11. Digna Gallego Méndez
Suplentes
1. Antonio Lorigados Eiras
2. José Corral Cabado
3. Iván Andión Ledo
4. Laura Eguizabal Saenz
5. Tania Canto Murado
PP
1. Darío Cabaneiro Santomé
2. Marcos García Lombardero
3. Josefa Méndez Pena
4. Jesús Obarrio Pérez
5. Adrián Cendán Rodríguez
6. Pablo Bouso Souto
7. José Luis Iglesias Paz
8. Mónica García Mon
9. María Carmen Lombardía Cando
10. Diego López Rodríguez
11. Eva Gacio Arias
Suplentes
1. María Seco Reigosa
2. Iván Hoz Pérez
3. Marcos García Jartín
4. Nilo Felipe Fernéndez
5. José María Rigueiro Otero
6. David Gómez Prieto
7. Mario López Iglesias
8. José Yañez García
BNG
1. Elva Carrera González
2. José Antonio Veiga Pérez
3. Rocío López Pacio
4. Verónica Rodríguez Gesto
5. Fidel García Paz
6. Yolanda Otero Logilde
7. Manuel Seivane Vila
8. Félix González Grandío
9. Noelia Rancaño Vidal
10. Óscar López López
11. José Ignacio Rivas Vidal
Suplentes
1. Miguel Folgueira Bouso
2. Xosé María Eloi Villada Legaspi
3. Vanessa Pérez Lejo
4. Eduardo Muíña Pérez
5. María Isabel Otero Moirón
6. Arcadio Sánchez Legaspi