A Pastoriza vive este sábado unha noite de música tradicional con Cantos de Taberna e Foliada

O concello da Pastoriza vivirá unha auténtica festa da música popular o este sábado, 26 de abril, coa celebración dos Cantos de Taberna e Foliada, unha cita organizada pola Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza (Asapa) e coa colaboración do propio Concello e outras entidades culturais locais.
A partir das 20:30 horas, distintos grupos percorrerán os bares O Xeixo, Casa Luciano, Xarope, Brétema e a Casa da Cultura interpretando cantos de taberna, creando un ambiente animado e cheo de tradición. Os asistentes poderán degustar liscos e bolos preñados de balde (a bebida non está incluída). Entre os asistentes están Música e baila da Pastoriza, Con Faldas y a lo loco de Ribadeo, Os do Clarinete de Rinlo, Toxo Queimado de Baleira e AC de Andrade de Vilalba.
A festa continuará a partir das 23:30 horas cunha gran Foliada na Praza do Concello, onde se xuntarán todos os grupos participantes para celebrar unha noite de música, baile e espírito popular.
Sen dúbida, unha noite que promete encher A Pastoriza de música, ledicia e identidade galega.