A pediatra lucense Consuelo Lobelle González abriu unha consulta en Ribadeo

TerraChaXa | AMariñaXa
A pediatra lucense Consuelo Lobelle González abriu unha consulta en Ribadeo, onde atende previa petición de cita.
5 Feb 2019

A pediatra lucense Consuelo Lobelle González abriu unha consulta en Ribadeo, onde atende previa petición de cita. A doutora Lobelle é unha pediatra con gran experiencia no diagnóstico de enfermidades infantís. Ata a data veu desenvolvendo a súa actividade profesional en Lugo, onde é xa moi coñecida e agora iniciou tamén actividade de consulta pediátrica en Ribadeo. É natural da provincia de Lugo, estudou a súa carreira de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, onde posteriormente obtivo o título de doutora en Mediciña.
A doutora Lobelle ten a súa consulta na rúa San Roque, 41, baixo, de Ribadeo, dirección onde xa desenvolve tamén, desde fai algo máis dun ano, actividade asistencial como endocrinólogo o doutor Manuel Botana. A cita para ambas consultas debe pedirse chamando aos teléfonos 982.600.422 ou 982.242.264.

0.17220306396484