A Pena organiza unha mostra de artistas e artesáns de Cospeito

TerraChaXa
A exposición poderá visitarse os días 25, 26 e 27 de outubro na Casa da Cultura da Feira do Monte
artesania-descubrir-quiiroga
29 Sep 2025

A Asociación Veciñal A Pena de Santa María de Cospeito prepara unha nova iniciativa cultural coa que quere poñer en valor o talento local. Trátase dunha mostra colectiva na que veciños e veciñas do concello darán a coñecer as súas creacións artísticas e artesanais, abrindo unha ventá á diversidade de propostas que se fan no propio municipio.

Na exposición, que poderá visitarse os días 25, 26 e 27 de outubro na Biblioteca da Casa da Cultura da Feira do Monte, haberá pintura, marquetaría, talla en madeira, cosmética artesanal, deseño, crochet e outras disciplinas que amosan a creatividade e a riqueza cultural de Cospeito.

Desde a asociación subliñan que a mostra quere ser un punto de encontro entre artistas, artesáns e público, ademais de servir como escaparate para dar visibilidade a aquelas persoas que desenvolven o seu traballo de maneira máis discreta. “Trátase de recoñecer o que temos preto, de amosar que no noso concello hai moito talento e de invitar á veciñanza a gozar del”, sinalan.

⚙ Configurar cookies
0.094567060470581