A Penúltima Sabinera incorpórase ao programa das festas con concerto o día 5

TerraChaXa
Está considerado o maior tributo a Joaquín Sabina, que fará vibrar ao público cos temas máis coñecidos do artista
la_penultima_sabinera
29 Aug 2025

Vilalba vén de anunciar unha incorporación de última hora ao programa das Festas de San Ramón e Santa María. O vindeiro venres, 5 de setembro, ás 23:00 horas, a Praza da Constitución converterase no escenario de La Penúltima Sabinera, considerado o maior tributo a Joaquín Sabina, que fará vibrar ao público cos temas máis coñecidos do artista.

Trátase dun concerto especial que se suma á programación festiva e que promete emocionar e facer cantar aos asistentes cos grandes himnos do músico andaluz.

Ao rematar a actuación, a festa continuará coa animación musical de Eventec, garantindo así unha noite chea de música e diversión no corazón de Vilalba.

⚙ Configurar cookies
0.16518092155457