A peza teatral 'Boa Sorte Mala Fama' represéntase este sábado en Vilalba
As concelleiras de Cultura e Turismo, Mónica González e Mª Xosé Fernández, xunto ao tenente de alcalde Modesto Renda, presentaron unha nova proposta cultural que terá lugar este sábado en Vilalba. A actividade contará coa actuación de Tarabela Creativa e será realizada en colaboración coa Liga Santaballesa, que participou no proceso de investigación da obra. A peza teatral Boa Sorte Mala Fama aborda o fenómeno da emigración desde unha perspectiva diferente e emotiva.
Ao finalizar a representación, organizarase un coloquio no que o público asistente poderá compartir historias de emigración de primeira man, lembrando e rendendo homenaxe a familiares, veciños e veciñas que no seu día tiveron que abandonar a nosa terra.
O evento terá lugar o sábado 1 de febreiro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Vilalba. A entrada será de balde, pero será necesario reservar asento previamente a través deste enlace.