A piscina da Pastoriza acolle un campus de verán

TerraChaXa
A piscina da Pastoriza acollerá a partir da próxima semana a primeira edición dun Campus de Verán que consistirá en 8 semanas de actividades.
campus veran pastoriza portada
7 Xul 2021

A piscina da Pastoriza acollerá a partir da próxima semana a primeira edición dun Campus de Verán que consistirá en 8 semanas de actividades deportivas con data de finalización o 5 de setembro.

Haberá sesión todos os días de luns a venres, agás festivos, entre as 10.30 e as 13.30 horas. E poderán participar nenos de entre 5 e 16 anos.

O prezo da actividade será de 35 euros por semana e neno con descontos para os que collan máis dunha semana e irmáns.

As inscricións poden facerse na recepción da piscina ou no teléfono 982 332 013. As prazas serán limitadas.

campus pastoriza veran
0.099072933197021