A piscina da Pastoriza presenta un programa de actividades de verán

TerraChaXa
A piscina da Pastoriza contará este verán cunha serie de actividades dirixidas a público infantil para os meses de xullo e agosto.
piscina natacion
12 Xuño 2022

A piscina da Pastoriza contará este verán cunha serie de actividades dirixidas a público infantil de todas as idades para os meses de xullo e agosto.

Así, por una banda, terá lugar un campus de mañás activas que se desenvolverán de luns a venres , de 11.00 a 13 horas con dúas horas de actividade, unha hora na auga e outra no exterior ou na sala.

Tamén continuarán os cursos de natación pero con otros horarios. Haberá para menores de 3 anos os martes ás 17.00 horas e os xoves ás 16.00. Para os pequenos de 4 a 8 anos serán os luns, martes, mércores e venres ás 16.00 horas e ata os 12 anos serán ás 17.00 horas os luns, mércores, xoves e venres.

Así mesmo haberá zumba para pequenos os venres ás 18.00 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto e será necesario anotarse na recepción da piscina ou vía telefónica 982 332 013.

RESERVA DE PRAZA PARA O INVERNO

Os cursos de natación e as actividades dirixidas a público infantil que se veñen desenvolvendo na Piscina da Pastoriza terán a partir de agora un parón nos meses de xullo e agosto, sendo a súa programación dende os meses de setembro a xuño (ambos incluídos).

Nos meses de xullo e agosto organizaranse cursos e actividades que serán independentes á organización destes e para os cales será necesario anotarse en recepción ou por vía telefónica (982 332 013).

O periódo de reserva de prazas para usuarios/as de grupos actuais e ata o 20 de xuño e para novos usuarios será do 21 en diante.

0.16369199752808