A piscina de Vilalba abrirá en setembro o prazo de inscrición nos cursos de natación
TerraChaXa
Todos os interesados poderán inscribirse ata o domingo 15 de setembro na recepción
19 Ago 2024
A piscina municipal abrirá o vindeiro 5 de setembro o prazo de inscrición nos cursos de natación que comezarán o 1 de outubro.
Todos os interesados poderán inscribirse dende o xoves 5 ata o domingo 15 de setembro na recepción da piscina.
Como cada ano, as prazas serán limitadas e repartiranse en diferentes grupos: iniciación, nivel medio, familiarización e perfeccionamento.
En primeiro lugar terase en conta a antigüidade que acumule a persoa solicitante con respecto a cursos anteriores e nos casos de empate procederase ao sorteo das prazas.
Para máis información poden chamar ao 982.51.25.30, escribir ao correo usuariospiscinavilalba@clece.es ou consultar as súas dúbidas presencialmente na recepción da piscina.