A piscina municipal da Pastoriza engade dous cursos de zumba e de pilates

TerraChaXa
A piscina municipal ampliará o seu programa de cursos engaindo dous novos de zumba kids.
1 Out 2020

A piscina municipal ampliará o seu programa de cursos engaindo dous novos de zumba kids. Esta ampliación débese á alta demanda que se está a dar. As novas sesións, para nenos e mozos, desenvolveranse os martes ás 17:15 horas e os venres ás 16:45 horas. Para inscribirse poden facelo directamente na piscina. Todas as actividades están suxeitas a protocolos establecidos por mor do covid que son de obrigado cumprimento.

Ademais, e tamén debido ao aumento da demanda, habilitaron dous novos cursos de pilates tamén na piscina municipal, serán os martes ás 20:30 horas e os venres ás 19:30. A inscrición tamén pode facerse na piscina.

0.16672897338867