A piscina municipal de Viveiro reabriu tralo parón técnico de Nadal
Como todos os anos por esta época, a piscina municipal de Viveiro tiña programado un parón técnico para labores de mantemento dende o luns 23 de decembro ao martes 6 de xaneiro (ambos incluídos); dende o Concello lémbrase que, como todos os anos, os días nos que a piscina está pechada non se cobran.
Na tarde do sábado 21 de decembro, o temporal que asolou Galicia e que motivou alerta vermella por ventos causou destrozos no teito da piscina, obrigando ao persoal municipal a desaloxar aos usarios que nese momento estaban facendo uso da mesma.
A pesar dos desperfectos causados, a piscina reabriu no prazo previsto, 7 de xaneiro de 2020, despois de reparar estes danos e realizar as labores de mantemento programadas. Entre esta e a próxima semana reanudaranse os cursos de natación escolar e infantil, tal e como estaba previsto na normativa publicada no comezo do curso.