A piscina municipal de Viveiro pechará do sábado 29 de xuño ao domingo 7 de xullo

TerraChaXa | AMariñaXa
A Piscina Municipal de Viveiro pechará do sábado 29 de xuño ao domingo 7 de xullo de 2019 (ambos incluídos) por razóns técnicas.
27 Xuño 2019

A Piscina Municipal de Viveiro pechará do sábado 29 de xuño ao domingo 7 de xullo de 2019 (ambos incluídos) por razóns técnicas. Tras este parón técnico, comezarán os cursos intensivos de "natación infantil" e "natacion nenos", que terán unha duración quincenal, con unha hora diaria, de luns a xoves, de 10:30 a 11:30 e de 11:30 a 12:30; ademais, durante o periodo estival manteranse as actividades de sala, con algunhas variacións no seu horaria.
As persoas interesadas en obter información sobre ambas cuestións, poden poñerse en contacto coa Piscina Municipal a través do número de teléfono 982570610.

0.19296503067017