A pista de xeo das Pontes abrirá este venres 20

TerraChaXa
O Concello de As Pontes inaugurará este venres 20 de decembro, ás 16:00 horas, a pista de xeo, un dos principais atractivos do Nadal pontés, nun acto que contará coa participación dos nenos e nenas que integran as escolas deportivas municipais e clubes locais de patinaxe e hockey sobre patíns.
18 Dec 2019

A partir das 18:00 horas, a pista de xeo, situada no patio do Colexio Santa María, de xeo natural e cunha superficie de 200 metros cadrados, abrirá as súas portas a todo o público e permanecerá aberta ata o 6 xaneiro.

O seu horario será de luns a domingo, de 11:00 a 15:00 horas en horario matinal e, de 16:30 a 21:00 horas polas tardes, excepto os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro que só abrirá en horario de tarde, de 16:30 a 21:00 horas.

Desde o Concello, Elena López responsable da área de Turismo, sinala que “con este espazo lúdico queremos converter ó noso pobo nun reclamo para atraer a visitantes de concellos limítrofes, fomentar o consumo no comercio local nunha época na que incrementan as ventas, ó tempo que lles ofrecemos ós nosos veciños e veciñas, unha alternativa de lecer no Nadal, unha actividade saudable para que gocen das vacacións e do pobo”.

Por outra banda a concelleira recordou que ao igual que nos catro anos anteriores, o Concello de As Pontes repartirá entre todos os escolares do municipio entradas para a pista de xeo xa que “queremos que todos os nenos e nenas pontesas poidan gozar desta actividade e vivir a ilusión do Nadal” indicou Elena López.

0.1158139705658