A plataforma de auxiliares de Alcoa pide apoio aos grupos políticos
Dende a plataforma coordinadora de auxiliares queren instar aos tres grupos políticos maioritarios na comarca a presentar e aprobar unha moción en todos os concellos da Mariña a favor do mantemento dos postos de traballo dos traballadores das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao.
"Queremos recordar os grupos políticos da Mariña que representamos o 50% da masa de traballadores da factoría cun total de 1000 postos de traballos", din dende a plataforma.
"Coa medida de Alcoa de non realizar a rebrascaxe das cubas que chegan o final da súa vida útil vemos como comeza o principio do fin da actividade na factoría, e os primeiros en pagar a factura somos os traballadores das auxiliares", engade, "non debemos permitir que o principal sector económico da comarca morra, ou que elimine o 50% dos postos de traballo, por iso solicitamos que os grupos políticos aproben as medidas".
Estas medidas son o rechazo da medida anuncia pola multinacional de non rebrascar as cubas, o apoio institucional aos 50 traballadores afectados, en primeira estancia, que entraran xa en Erte, solicitar a mediación da Xunta de Galicia para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e se busque unha solución para que non paren as cubas, así como para que ningún traballador/a de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo e ademais piden solicitar o Goberno central do estado Español a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a factoría.