A Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes reúnese co BNG para explorar vías de colaboración

TerraChaXa
Durante o encontro, ambas partes intercambiaron impresións sobre a importancia de preservar o legado pontés
cheminea-as-pontes-endesa
6 Apr 2025

A Plataforma en Defensa do Patrimonio Industrial das Pontes mantivo esta semana unha reunión co grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG), representado por Xosé Manuel Golpe Acuña e Mercedes Queixas Zas, para abordar diversas cuestións relacionadas coa conservación do patrimonio industrial da localidade e buscar posibles vías de colaboración.

Durante o encontro, ambas partes intercambiaron impresións sobre a importancia de preservar o legado industrial pontés. Neste sentido, subliñouse a necesidade de impulsar medidas que garantan a protección e posta en valor deste patrimonio, asegurando así a súa conservación para as xeracións futuras.

A Plataforma quixo agradecer a dispoñibilidade do grupo parlamentario do BNG para participar e colaborar neste proceso, considerado fundamental para manter a identidade e o futuro das Pontes.

⚙ Configurar cookies
0.15887498855591