A plataforma Expogrelo.com inclúe as verzas no seu catálogo

TerraChaXa
A plataforma Expogrelo.com, posta en marcha polo Concello de Abadín, aumentou a súa tenda incluíndo as verzas no seu catálogo.
expogrelo
18 Abr 2021

A plataforma Expogrelo.com, posta en marcha polo Concello de Abadín no mes de marzo, aumentou a súa tenda incluíndo as verzas no seu catálogo.

Deste xeito, enganden un novo produto a tenda online e así incrementan as ventas da plataforma e non se centralizan tan só na venda do grelo, xa que a campaña desta verdura está practicamente rematada.

A verza é un produto que está máis presente ao longo do ano e que se colleita en outono e na primavera, en cambio o grelo tan so en inverno.

A plataforma de venda online conta con garantía de orixe, Indicación Xeográfica Protexida (IXP), e cun amplo abano de destinos de envío a todo o país como A Coruña, Ribeira, Santiago, Madrid, Barcelona ou Ronda.

0.1465368270874