A Plataforma Sanitaria da Mariña esixe ao Sergas que aclare o desmantelamento da área sanitaria

TerraChaXa | AMariñaXa
A Plataforma Sanitaria da Mariña esixe ao Sergas que deixe de agocharse e dé a cara ante o gravísimo problema sanitario existente na Mariña, trala ruptura do concerto que o organismo sanitario viña mantendo cunha clínica privada, da que dependía o servizo de logopedia da comarca e que tamén proporcionaba fisioterapia.
8 Feb 2019

A Plataforma Sanitaria da Mariña esixe ao Sergas que deixe de agocharse e dé a cara ante o gravísimo problema sanitario existente na Mariña, trala ruptura do concerto que o organismo sanitario viña mantendo cunha clínica privada, da que dependía o servizo de logopedia da comarca e que tamén proporcionaba fisioterapia. A Plataforma En Defensa da Sanidade Pública da Mariña foi alertada polas nais e pais de afectados do abandono total no que ficaban ao quedar as súas crianzas sen logopeda na Mariña e “sin que o Sergas se dignara siquera a darnos unha explicación. Nin a máis mínima información temos, deixáronnos abandonados, non sabemos que vai pasar.Non teñen vergoña nen humanidade”, relatan indignados .
Para o colectivo sanitario o Sergas chegou xa á súa desvergonza máxima deixando sen asistenza a nenas e nenos, xa non só en pediatría, senon noutros servizos indispensables e que precisan de continuidade, como son a logopedia e fisioterapia ,tamén concertada coa clínica privada e que tamén está afectada polo cese do convenio. Ven así como a sanidade pública da Mariña avanza a pasos de xigante no seu desmantelamento trala supresión da área sanitaria, e mesmo os seus efectos son moito máis devastadores e rápidos do que esta Plataforma calculou. “ Gustarianos saber onde andan agochados nestes momentos de crise os señores Balseiro e Vega para que nos relaten cales son os máis e mellores servizos que ían implantar, onde está a blindaxe do hospital ou cales son os numerosísimos profesionais que ían vir para Burela. Esiximos a estes dous representantes do goberno na Mariña que saian da coelleira onde están refuxiados e cumpran coas súas obrigas co pobo”- manifesta a coordinadora , Montse Porteiro.
Segundo vimos de coñecer a través de pacientes aos que se lles suspendeu a consulta de hematoloxía que tiñan hoxe no hospital, o centro sanitario queda hoxe cun so hematólogo dos tres que hai actualmente, dado que un deles colleu un permiso e a terceira hematóloga foi derivada ao HULA como está a facer cada xoves. A Plataforma xa alertou hai tempo desta situación, e non se lle puxo remedio, so se adicaron a tachar de alarmistas aos activistas deste colectivo. Agora volve ocurrir e “este é outro exemplo máis da incompetencia para xestionar e do agravio ao que se ten sometida a esta comarca, pois están a derivar a outra facultativa cara ao HULA, que xa dispón de dez hematólogos en plantilla, sen importarlles como quedamos. Abandonad@s polo Sergas e polo goberno do PP son as palabras máis axeitadas para definir esta situación” comenta Víctor Vila, portavoz do colectivo.

0.14914202690125