A poesía vive en Guitiriz, por Antón Tenreiro

TerraChaXa
Aínda non pasaron dous anos desde aquel 3 de outubro de 2015 un grupo de poetas novos de Guitiriz honraban a Díaz Castro no XXV cabodano do seu pasamento na igrexa dos Vilares.
19 sep 2017

Aínda non pasaron dous anos desde aquel 3 de outubro de 2015 un grupo de poetas novos de Guitiriz honraban a Díaz Castro no XXV cabodano do seu pasamento na igrexa dos Vilares. Aquel grupo foi batizado por Armando Requeixo co nome de #NovaPoesiaGuitirica NPG e véu a luz con un fermoso manifesto da súa autoría publicado no premiado blog Criticalia.

O que podería parecer un bonito acto froito da resaca das letras galegas adicadas ao poeta do Vilariño o ano anterior, convirteuse minha iniciativa estábel e dinámica que deu lugar a diversos recitais poético-musicais enn Guitiriz e noutras localidades, orixinanio propostas como a dos poemas pendurados das farolas ou o certame de micropoemas , xornadas arredor de Diaz Castro e Manuel María, participación dos diferentes componentes do grupo en recitais en distintas localidades, participación en diversas publicacións colectivas e mesmo que se teñan musicado poemas dalgunha poeta da NPG.

Desde aquela, a Nova Poesía Guitirica ten medrado en componentes e en recoñecemento. Ao grupo da igrexa dos Vilares do 3 de outubro de 2015 con Judiña de Lea, Mar Beres, Luz Campello, Jaki S.Quintela, Xosé Antón Cascudo, Fátima Fernández e Pas Veres, sumáronse despois André da Ponte, Adriana Quijada e Xelo Teijido nunha composición heteroxénea de estilos e uniforme na ideia de sumar arredor da admiración polo poeta do Vilariño.

Recitais poéticos en Sada, Vilalba, Compostela, Mondoñedo, Ferrol e en San Sadurniño, contaron con xente da NPG, así como publicacións colectivas en formato tradicional e en soporte dixital. A menos dun mes de cumprirse dous anos daquel 3 de outubro de 2015 no que ademáis do público participaron nomes tan importantes como a própria alcaldesa, Xulio Xiz, Man Castro e Alfonso Blanco, podemos afirmar que a poesía reside en Guitiriz, nos versos d@s afillad@s de Pepe, na parróquia dos Vilares, no lugar do Vilariño, na casa de Díaz Castro, #ACasaDaXente.

Antón Tenreiro, presidente
Os Vilares, lareira de soños.

0.3979389667511