A polense Caraño celebra as súas patronais este sábado
TerraChaXa
A parroquia de Carano, en Pol, celebra as patronais na honra a San Martiño esta fin de semana concentrando toda a actividade o sábado 12.
8 Nov 2022
A parroquia de Caraño, en Pol, celebra as festas patronais na honra a San Martiño esta fin de semana concentrando toda a actividade no sábado 12.
A sesión festiva dará comezo ás 13.30 horas con misa solemne e procesión, seguida da sesión vermú, que estará ao cargo da orquestra Stereo.
Finalizarán coa verbena, na que volverá estar Stereo e tamén Coco Music co DJ Casanova.