A Policía Local de Vilalba incorpora catro auxiliares de forma provisional

TerraChaXa
O persoal da Policía Local de Vilalba vén de verse reforzado coa incorporación de catro novos auxiliares, que empezaron a traballar esta mesma semana.
27 Maio 2019

O persoal da Policía Local de Vilalba vén de verse reforzado coa incorporación de catro novos auxiliares, que empezaron a traballar esta mesma semana. Estes catro subalternos chegan da Academia Galega de Seguridade Pública.

Trátase dunha medida provisional que servirá para garantir a efectividade deste servizo ata a incorporación definitiva dos novos axentes, que terá lugar o ano que vén unha vez se realicen os exames da Escola Galega de Administración Pública.

Con todo, despois de que superen estas probas, deberán superar un período de prácticas de varios meses ata a súa incorporación definitiva no persoal da Policía Local. Por esa razón, o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde, solicitou a incorporación destes catro auxiliares co fin de garantir o correcto funcionamento do corpo de seguridade vilalbés

0.17746901512146