A Pomba do Arco de Foz celebra o seu trinta aniversario
A asociación cultural focense A Pomba do Arco celebra este sábado 26 de outubro o seu trinta aniversario.
O colectivo nacera oficialmente en 1991 e é unha asociación-socio cultural preocupada pola posta en valor e difusión da cultura e historia do concello de Foz e as súas xentes coma da comarca da mariña e da Galiza.
Ás 20 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz o evento comeza cunha homenaxe a Xoán Carlos Basanta, finado político do Bloque Nacionalista Galego na localidade. A asociación cultural A Pomba do Arco convida a todos os focegos e mariñaos a partillar esta xornada de lembranza ao que califican de amigo, compañeiro, presidente e home bo entregado ao seu pobo e á súa cultura.
Aparte, Toupourroutou Teatro, coa música de Felipe Sánchez, presentará Chamaretas da memoria.
Ás 22 horas, o restaurante Racimo acollerá a cea de aniversario amenizada polo grupo Vudú.