A ponte de Uriz, en Begonte, estará cortada dende o mércores por traballos de conservación

TerraChaXa
A Deputación de Lugo informa de que os traballos de conservación e mellora que vai a levar a cabo na estrada provincial LU-P-5101, á altura da ponte de Uriz en Begonte, obrigarán a cortar o tráfico a partir deste mércores, e durante un prazo estimado de un mes, en días laborables de 8.
Ponte Uriz begonte
14 Ago 2023

A Deputación de Lugo informa de que os traballos de conservación e mellora que vai a levar a cabo na estrada provincial LU-P-5101, á altura da ponte de Uriz en Begonte, obrigarán a cortar o tráfico a partir deste mércores, e durante un prazo estimado de un mes, en días laborables de 8.00 a 15.00 horas. Desta forma, a circulación estará permitida durante as fins de semana e tamén polas tardes.

O corte estará debidamente sinalizado á altura do punto quilométrico 2,600 para que as persoas que circulen pola vía, que conecta os concellos de Rábabe e Friol, poidan tomar desvíos alternativos.

O proxecto, do que se encargará o Grupo Bascuas por un importe que supera os 44.000€, consistirá na reconstrución de varios elementos danados dos piares desta ponte que atravesa o río Ladra e que data de finais do século XVIII e principios do XIX.

0.23522210121155