A Pontenova acollerá en decembro a celebración da Feira de Artesanía e Antigüidades

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello da Pontenova acollerá desde o 6, 7 e 8 de decembro a celebración da XIII edición da Feira de Artesanía e Antigüidades.
CIN_pastoriza
14 Out 2019

O Concello da Pontenova acollerá desde o 6, 7 e 8 de decembro a celebración da XIII edición da Feira de Artesanía e Antigüidades.

A feira terá lugar na praza dos Fornos onde se instalarán para a ocasión numerosos postos de artesanía de diferentes zonas xeográficas españolas, onde se expoñerán artigos de cestaría, carpintería, complementos en tea, xoiería ou coiro.

O evento tamén contará coa presenza de artesáns que realizarán talleres en vivo sobre torno de madeira, a cestaría en vimbio, a forxa de ferro, a pintura decorativa, o coiro e sobre ecolámpadas de cabaza..

A feira permanecerá aberta en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas ao longo dos tres días.

O público asistente a estas xornadas tamén poderá gozar coa IV Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos.

0.07618522644043