A Pontenova celebra as festas de outubro este domingo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello da Pontenova vén de comunicar que este domingo día 11 con motivo da celebración das festas de outubro, contarán cunha banda de música que actuará de 13.
69223425_2525102104379911_1942107258322157568_n
9 Out 2020

O Concello da Pontenova vén de comunicar que este domingo día 11 con motivo da celebración das festas de outubro, contarán cunha banda de música que actuará de 13.30 a 13.45 horas e de 15 a 15.45 horas na praza dos Fornos.

Así mesmo, a partir das 19.00 horas actuará tamñen a Escola de Música Municipal e xa pola noite, ás 21.00 horas haberá unha pequena exhibición de fogos de artificio.

Lembran que debido ás medidas sanitarias os asistentes deberán respectar as distancias de seguridade.

0.090856075286865