A Pontenova impulsa o programa de banco de casas, terras e negocios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Co obxectivo de loitar contra a despoboación e aproveitar os bens sen uso, o GDR3, ao que pertence o Concello da Pontenova, pon en marcha unha plataforma para axudar a poñer estas propiedades a disposición de persoas interesadas.
cartelempadanada
18 sep 2020

Co obxectivo de loitar contra a despoboación e aproveitar os bens sen uso, o GDR3, ao que pertence o Concello da Pontenova, pon en marcha unha plataforma para axudar a poñer estas propiedades a disposición de persoas interesadas.

O Banco de Terras de Galicia é un instrumento co que se pretende regular o uso e aproveitamento de parcelas con vocación agraria, co dobre obxectivo de evitar o seu abandono e de poñelas a disposición de todas aquelas persoas que necesiten terra para usos agrícolas, gandeiros, forestais, de conservación da natureza e patrimonio ou outros usos de interese social.

Deste xeito, os propietarios dunha casa, finca ou negocio sen uso e as persoas interesadas en vir ao rural poderán sumarse a este programa poñéndose en contacto co seu respectivo Concello ou  a través do GDR no correo montes.vales.orientales@gmail.com.

Os interesados en participar poden informarse das terras dispoñiubles a través da web volveralpueblo.org.

0.099256992340088