A Pontenova ofrece un campamento de verán para os máis novos
TerraChaXa | AMariñaXa
O campamento de verán da Pontenova, que organiza o Concello, comezará o 29 de xullo e durará ata o 9 de agosto.
24 Xul 2019
O campamento de verán da Pontenova, que organiza o Concello, comezará o 29 de xullo e durará ata o 9 de agosto. Nel, os rapaces poderán ir de excursión e participar en xincanas, variados obradoiros, facer todo tipo de deportes, ademáis de desfrutar buscando un tesouro.
Os nenos estarán no campamento de dez da mañá a dúas da tarde. A actividade en principio está prevista para idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos e convén apuntarse porque hai límite de prazas. Os pais ou rapaces que estean interesados en inscribirse poden facelo na Casa do Concello ou chamando ao teléfono 982.342.277, ata o venres 26 de xullo.
Os empadroados no concello pagarán dez euros polo campamento e os que non o estean, aboarán 30 euros.