A Pontenova prepara unha grande paellada para o 3 de agosto

TerraChaXa | AMariñaXa
A Pontenova invita o sábado 3 de agosto a probar a súa gran paella popular.
SearaDestacada 696x379
31 Xul 2019

A Pontenova invita o sábado 3 de agosto a probar a súa gran paella popular. Para poder participar, sería convinte inscribirse e retirar as tarxetas antes do día 1 de agosto no hotel San Briz, no bar Barreiros, no bar Lennon ou no Lar de Balbina.
Os socios do Centro de Iniciativas Turísticas que promove a cita, teñen gratis o xantar, pero deben retirar tamén as tarxetas, unha por persoa antes do 1 de agosto. A gratuidade dos socios abarca aos cabeza de familia e aos fillos menores e dependentes economicamente deles.
Os que non son socios deberán pagar 12 euros. O Concello da Pontenova colabora coa iniciativa, que comezará ás 22.00 horas na Praza dos Fornos.

0.10311603546143