A Pontenova prepara varias actividades de Nadal
O Concello da Pontenova prepara varias actividades de Nadal para os máis pequenos, así, o día 20 poderase desfrutar dun concerto de Nadal a cargo da Escola de Música ás 20.00 na Casa da Cultura.
Para o luns día 23, haberá xogos de presentación e alternativos para o desfrute dos cativos.
O día 26 será o obradoiro de adornos navideños, o 27 poderanse crear xogos de mesa e o 30 haberá un xincana e orientación polo pobo.
Xa en xaneiro os pontenoveses visitarán Xuvenlugo e o día 3 será a sesión de cine e a festa final.
Ademais, o día 5 será a esperada Cabalgata de Reis, que dará comezo ás 18.00 horas e rematará na Casa da Cultura onde as maxestades farán cos pequenos.
O día 11 prepararase unha actividades de Playback ás 20.00 horas.
A organización lembra que todas as actividades, excepto Xuvenlugo, serán de 10 a 14 horas na Casa da Cultura e de balde.