A Pontenova remata as obras do Plan Único 2018 de case 152.000 euros

TerraChaXa | AMariñaXa
11 Mar 2019

O Concello da Pontenova rematou xa todas as obras realizadas dentro do Plan Único 2018 financiado pola Deputación ao mesmo tempo que destinou unha parte dos cartos para a realización de diferentes actividades e mantemento do Servizo de Axuda no Fogar.  O importe total destinado ao Concello o ano pasado foi de 151.907 euros.
Así, o Concello destinou 37.966,49 euros para a mellora de camiños nos lugares de Santo Estebo, Acebro, Vilameá, Aldeguer e Boulloso. As obras consistiron no aglomerado en quente das vías e reparación e limpeza de cunetas.
A estas melloras no concello súmase rehabilitación da antiga escola de Vilameá, que tivo un orzamento de 27.586,28 euros. A mellora e mantemento do cemiterio municipal por 12.003,97 euros. O acondicionamento da Casa das Sociedades, por valor de 11.416,43 euros foi tamén unha das últimas obras realizadas ao abeiro do Plan Único, así como a iluminación sobre o paseo do río Eo, que tivo un orzamento de 10.569,33 euros.
Tamén se destinaron 15.125 euros para la elaboración do inventario de camiños municipais e se acometou o proxecto de recuperación do Forno do Boulloso, no que se incluíu tamén a compra dos terreos, todo por un importe de 15.125 euros.
Ademais de obras, os cartos da destinados a obras, o Concello tamén derivou  unha partida para a realización dun obradoiro de emprego,  formado por 20 alumnos, dos cales 6 son da Pontenova, 6 de Negueira e 8 da Fonsagrada. A especialidade do obradoiro é a albañilería, polo que no Concello da Pontenova se está a rehabilitar a Escola de Xudán.
O Concello tamén destinou 50.000 euros do Plan Único da Deputación 2018 ao Servizo de Axuda no Fogar básico no ano pasado, co cal aumentou o número de usuarios de 18 a 29 e así xa non teñen lista de espera e puideron cubrir todas as prazas, e hai 5 auxiliares contratadas.
Ademais houbo un convenio interadministrativo que inclúe a mellora das estradas de Vilameá, o acondicionamento do campo da festa de Santo Estevo e a cuberta do campo de bolos. Estas obras acaban de ser adxudicadas, estanse realizando neste momento e estarán listas en breve.

0.12131190299988