A Pontenova volverá abrir o PAI o 1 de setembro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A partir do 1 de setembro, o Punto de Atenión á Infancia (PAI) da Pontenova volve abrir as súas portas en horario de 9.
19 Ago 2020

A partir do 1 de setembro, o Punto de Atenión á Infancia (PAI) da Pontenova volve abrir as súas portas en horario de 9.00 a 17.00 horas, "sempre e cando as circunstancias derivadas do covid-19 non o impidan", segundo explica o alcalde da vila, Darío Campos.

As persoas interesadas en anotarse deberán facelo no Departamento de Servizos Sociais do Concelloe recoller a instanciade reserva de praza en horario de 9.00 a 14.00 horas preguntando por Isabel (traballadora social) ou Teresa.

Tamén poden chamar ao teléfono de información 982 342 277.

0.20846796035767