As Pontes acolle dende o venres un maratón de fútbol sala con motivo das festas
O Esteo FS das Pontes organizará un maratón de fútbol sala con motivo da celebración das Festas do Carme que terá lugar esta fin de semana, os días 1, 2 e 3 de xullo.
Coa inscrición pechada, esta tarde, ás 20.30 horas terá lugar o sorteo de equipos que ser realizará no Mercado Vello, fronte a Santa María, lugar de celebración do torneo.
O maratón establece tres categorías, a masculina, a feminina e os veteráns, maiores de 38 anos. Haberá catro gañadores en cada una das categorías con premio económico para os catro primeiros no caso da masculina e para o campión e subcampión nas outras dúas. Si haberá trofeo para os catro gañadores.
O montante dos premios estará en función do recadado na inscrición que foi de 10 euros para a masculina e 60 para as outras dúas categorías. Finalmente participarán 24 equipos sénior, 6 de veteráns e 4 femininos dende a tarde do venres ata a tarde do domingo, cando terá lugar a final de cada categoría.