A Pontes acolle un concerto de música clásica da man do programa Dinamiz-ARTj

TerraChaXa
As Pontes acollerá unha nova actividade dentro do programa Dinamiz-ARTj.
concerto as pontes musica clasica portada
9 Out 2023

As Pontes acollerá unha nova actividade dentro do programa Dinamiz-ARTj. Será este venres, 13 de outubro, ás 20.00 horas na Casa Dopeso. Trátase do concerto de Rhea Quarter co título Suites.

O programa Suites propón ao oínte unha viaxe a través das historias que conta cada unha das obras que o compoñen. Unha viaxe no que o medio de transporte serán as pinceladas sonoras dos compositores e os narradores, o cuarteto de saxofones Rhea Quartet.

O concerto comeza cun concerto grosso que Corelli compuxo para a noite da concepción, alcumado como “concerto de nadal”. O compositor italiano nárranos a o nacemento e a divindade de Xesucristo a través de cinco movementos escritos nas danzas máis populares da época barroca.

Grieg móstranos as historias do escritor Ludvig Holberg con esta suite que compuxo para honrarlle o segundo aniversario do seu nacemento. Unha das obras nas que se basea o compositor, e que é máis coñecida por parte do dramaturgo, é A viaxe de Niels Klim ao mundo subterráneo.

Por último, Dvorak, un dos compositores máis famosos da historia da música trasladaranos á idade medieval para contarnos, dunha maneira moi particular, unha historia de loita e superación na que o gran vencedor é o amor.

concerto as pontes musica clasica
0.18584895133972